Quen somos

Sobre Maluma-Ogrove
Somos unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2004 coa finalidade primordial e principal de acoller a nenas, nenos e adolescentes en situación de desamparo, marxinación, risco ou desprotección social ou familiar, coa firme intención de erradicar ditas problemáticas dende unha perspectiva de equidade social mediante a labor de un equipo profesional multidisciplinar.
Misión
A entidade, de cara ás específicas circunstancias vitais da infancia e adolescencia, ten como misión proporcionarlles unha visión alternativa de familia, de perfil amplo e plural, ofrecéndolles un clima acolledor, afectivo e respectuoso, apoiando o seu desenvolvemento integral e fomentando a prevención destas situacións mediante o desenvolvemento de intervencións socioeducativas que permitan erradicar esas circunstancias.

Valores

Cooperación, participación e diálogo
Como base das relacións laborais cos diferentes profesionais e coa premisa fundamental de encontrar solucións efectivas e afectivas.

Iniciativa, creatividade e confianza
Na busca permanente de recursos e alternativas conducentes á mellora das intervencións.

Afectividade, sensibilidade e optimismo
Como modo da relación diaria entre todas as participantes da intervención socioeducativa, coa intención de acadar unha evolución e progreso óptimo das nenas, nenos e adolescentes, así como das súas familias.

Prudencia, responsabilidade e xenerosidade
Nos diferentes encontros, previos e posteriores, como norma das relacións diarias.

Paciencia, constancia e ausencia de prexuízos
Dende o mesmo momento de coñecernos e ao longo da convivencia, asumindo as capacidades e potencialidades da infancia e adolescencia.
E sempre nas nosas interaccións coas rapazas e rapaces, coas súas familias e coas profesionais que nós relacionamos na labor educativa, están presentes os seguintes valores fundamentais:
- Respecto
- Tolerancia
- Empatía
- Liberdade
- Honestidade
- Autocrítica
- Sinceridade
- Xenerosidade

Quen conforma a entidade
O grupo de socias e socios que integran a entidade materialízanse nun organigrama que se divide en:
Asamblea de socios
Xunta directiva
Presidenta/e
