Saltar ao contido

Quen somos

Sobre Maluma-Ogrove

Un fogar que acolle

Sobre Maluma-Ogrove

Somos unha asociación sen ánimo de lucro creada no ano 2004 coa finalidade primordial e principal de acoller a nenas, nenos e adolescentes en situación de desamparo, marxinación, risco ou desprotección social ou familiar, coa firme intención de erradicar ditas problemáticas dende unha perspectiva de equidade social mediante a labor de un equipo profesional multidisciplinar.

Misión

A entidade, de cara ás específicas circunstancias vitais da infancia e adolescencia, ten como misión proporcionarlles unha visión alternativa de familia, de perfil amplo e plural, ofrecéndolles un clima acolledor, afectivo e respectuoso, apoiando o seu desenvolvemento integral e fomentando a prevención destas situacións mediante o desenvolvemento de intervencións socioeducativas que permitan erradicar esas circunstancias.

Unha familia ampla e plural

Valores

Cooperación, participación e diálogo

Cooperación, participación e diálogo

Como base das relacións laborais cos diferentes profesionais e coa premisa fundamental de encontrar solucións efectivas e afectivas.

Iniciativa, creatividade e confianza

Iniciativa, creatividade e confianza

Na busca permanente de recursos e alternativas conducentes á mellora das intervencións.

Afectividade, sensibilidade e optimismo

Afectividade, sensibilidade e optimismo

Como modo da relación diaria entre todas as participantes da intervención socioeducativa, coa intención de acadar unha evolución e progreso óptimo das nenas, nenos e adolescentes, así como das súas familias.

Prudencia, responsabilidade e xenerosidade

Prudencia, responsabilidade e xenerosidade

Nos diferentes encontros, previos e posteriores, como norma das relacións diarias.

Paciencia, constancia e ausencia de prexuízos

Paciencia, constancia e ausencia de prexuízos

Dende o mesmo momento de coñecernos e ao longo da convivencia, asumindo as capacidades e potencialidades da infancia e adolescencia.

E sempre nas nosas interaccións coas rapazas e rapaces, coas súas familias e coas profesionais que nós relacionamos na labor educativa, están presentes os seguintes valores fundamentais:

  • Respecto
  • Tolerancia
  • Empatía
  • Liberdade
  • Honestidade
  • Autocrítica
  • Sinceridade
  • Xenerosidade
Organigrama

Quen conforma a entidade

O grupo de socias e socios que integran a entidade materialízanse nun organigrama que se divide en:

Asamblea de socios

Xunta directiva

Presidenta/e

Transparencia

Memorias Programación Estatutos Política de calidade Certificado de calidade
Asociación Maluma-Ogrove
Resumen de privacidad

Esta web utiliza cookies para que poidamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posíbel. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerte cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo a comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.